Etiquetas

DRAMA COMEDIA ROMANCE AVENTURAS THRILLER INTRIGA ACCIÓN FANTÁSTICO FANTASÍA ADOLESCENCIA FAMILIA ANIMACIÓN CIENCIA FICCIÓN COMEDIA DRAMÁTICA CRIME DRAMA ROMÁNTICO DRAMA SOCIAL BÉLICO PELÍCULA DE CULTO BIOGRAFÍA HISTORIA INFANCIA SÉCULO XIX II GUERRA MUNDIAL VIDA RURAL AMIZADE CINE ÉPICO MUSICAL NAZISMO BASEADO EN FEITOS REAIS POLICIAL TERROR ANOS 30 ENSINO HOMOSEXUALIDADE ANOS 40 DOCUMENTAL MELODRAMA ANOS 70 CINE INDEPENDENTE COMEDIA ROMÁNTICA DRAMA DE ÉPOCA RACISMO TRABALLO CINE MUDO CINE NEGRO COMEDIA NEGRA INFANTIL MAXIA POBREZA POSTGUERRA ESPAÑOLA AFRICA ANOS 60 ANOS 80 CINE FAMILIAR DROGAS EMPREGO FEMINISMO HOLOCAUSTO LITERATURA WESTERN ANOS 90 GUERRA CIVIL MÚSICA NATUREZA PINTURA ROAD MOVIE STOP MOTION SUSPENSE SÁTIRA ANTIGA ROMA CINE DENTRO DO CINE CÓMIC DRAMA PSICOLÓXICO EXTRATERRESTRES HISTORIAS CRUZADAS HISTÓRICO INMIGRACIÓN MAFIA PARODIA PELICULA DE CULTO REALISMO MÁXICO SÉCULO XVII VAMPIROS VINGANZA ADOPCIÓN ANOS 1900 ASESINOS EN SERIE BANDAS DE RÚAS BASEADA EN FEITOS REAIS CAPA E ESPADA CATÁSTROFES COMEDIA DE TERROR DISCAPACIDADE DRAMA XUDICIAL ESPIONAXE GUERRA MUNDIAL LETRAS GALEGAS MITOLOXÍA CLÁSICA NADAL SERIE DE TV SUPERVIVENCIA SÉCULO XVIII ACOSO ESCOLAR ANIMAIS ANOS 1910 ANTIGA GRECIA ASASINOS EN SERIE AVENTURAS MARIÑAS BANDAS DAS RÚAS CASAS ENCANTADAS CAZA DEPORTE ECOLOXÍA ENFERMIDADE ESCRAVITUDE EXÉRCITO FANTASIA FIN DO MUNDO GRAN DEPRESIÓN GUERRA DE SECESIÓN IDADE MEDIA INFORMÁTICA INTERNET MATEMÁTICAS MONSTROS NOUVELLE VAGUE RELIXIÓN ROBOTS SOBRENATURAL SUPERHEROES SÉCULO XVI THRILLER PSICOLÓXICO VELLEZ VODAS XORNALISMO ÁFRICA ABUSOS SEXUAIS ADAPTACIÓN LITERARIA ALCOHOLISMO ALPINISMO AMÉRICA COLONIAL ANIMACIÓN PARA ADULTOS ANOS 20 ANOS 50 AVENTURA ESPACIAL BAILE BOLSA BRUXERÍA CABALOS CAMBIO CLIMÁTICO CINE QUINQUI CINEMA DENTRO DO CINEMA COCIÑA COLONIALISMO COMEDIA ABSURDA CONTOS CRISE DEREITOS HUMANOS DICTADURA ARXENTINA DISTOPÍA DOCUMENTAL SOCIAL DRAMA BASEADO EN FEITOS REAIS DRAMA CARCERARIO ERÓTICO ESPADA E BRUXERÍA ETA FANTASMAS FANTASÍA MEDIEVAL FUTURO POSTAPOCALÍPTICO FÚTBOL GUERRA GUERRA DE BOSNIA GUERRA DE LÍBANO GUERRA FRÍA GUERRAS NAPOLEÓNICAS HOMES LOBO HÍPICA I GUERRA MUNDIAL INSECTOS JAZZ LIBROS MARIONETAS MARVEL COMIC MEDO MUSICA NEGOCIOS PESCA PIRATAS POESÍA POLITICA POLÍTICA PREHISTORIA PROPAGANDA REMAKE SAMURAIS SECTAS SURREALISMO SÉCULO XIII SÉCULO XX TEATRO TEATRO CLÁSICO TELEFILM TELEVISIÓN TERRORISMO TRANSEXUALIDADE TRANSXÉNERO TRENS UNIDADE DIDÁCTICA VIAXES NO TIEMPO XAPÓN FEUDAL ÓPERA

PEQUEÑA MISS SUNSHINE / LITTLE MISS SUSHINE, Jonathan Dayton, Valerie Faris, 2006

SINOPSE 

Os Hoover son unha familia moi peculiar: o avó esnifa cocaína e solta palabrotas, o pai fracasa estrepitosamente dando cursos para alcanzar o éxito, a nai non dá abasto, o tío está a recuperarse dun suicidio frustrado tras ser abandonado polo seu noivo, o fillo adolescente le a Nietzsche e garda un mutismo absoluto. E Olive, a filla pequena, unha nena gafotas e máis ben gordita, quere ser unha raíña da beleza. Cando, grazas a un golpe de sorte, a convidan a participar no concurso de 'Pequena Miss Sunshine', en California, acompáñaa toda a familia. Nunha destartalada furgoneta Volkswagen, diríxense cara ao Oeste nun traxicómico periplo de tres días cheo de inesperadas sorpresas. O debut de Olive será o detonante dun cambio profundo nesta familia de inadaptados. (FILMAFFINITY)

 
 

FISH TANK, Andrea Arnold, 2009

SINOPSE 

Nun barrio obreiro inglés dos suburbios, Mia (Katie Jarvis), unha adolescente frustrada e solitaria de 15 anos, orfa de pai e cuxa nai (Kierston Wareing) apenas se ocupa dela, enfádase cando se decata de que esta sae cun home, o atractivo Connor (Michael Fassbender). Desde o comezo el pórtase moi ben con ela e coa súa irmá pequena, pero a pesar diso non lle gusta que a súa nai pretenda meterse nas súas vidas. (FILMAFFINITY)


 

HANDIA, Jon Garaño, Aitor Arregi, 2017

SINOPSE 

Tras loitar na Primeira Guerra Carlista, Martín volve ao seu caserío familiar en Guipúscoa e alí descobre con sorpresa que o seu irmán menor, Joaquín, é moito máis alto do normal. Convencido de que todo o mundo quererá pagar por ver ao home máis grande sobre a Terra, ambos os irmáns embárcanse nunha longa viaxe por Europa na que a ambición, o diñeiro e a fama cambiarán para sempre o destino da familia. Unha historia inspirada en feitos reais. 

(FILMAFFINITY)

 
 

BIG FISH, Tim Burton, 2003

SINOPSE 

William Bloom (Billy Crudup) non ten moi boa relación co seu pai (Albert Finney), pero tras decatarse de que padece unha enfermidade terminal, regresa ao seu fogar para estar ao seu lado nos seus últimos momentos. Unha vez máis, William verase obrigado a escoitalo mentres conta as interminables historias da súa mocidade. Pero, nesta ocasión, tratará de pescudar cousas que lle permitan coñecer mellor ao seu pai, aínda que para iso terá que separar claramente realidade e fantasía, elementos que aparecen sempre mesturados nos relatos do seu proxenitor. ( FILMAFFINITY)

 

C.R.A.Z.Y., Jean-Marc Vallée, 2005

SINOPSE 

Drama familiar. Cando Zach entra na adolescencia e descobre que é diferente aos demais, reprimirá as súas tendencias máis profundas para non perder o amor do seu pai. Entre 1960 e 1980, vive rodeado dos seus irmáns, de Pink Floyd e os Rolling Stones, os porros fumados ás agachadas, as grandes e pequenas discusións. Pero, sobre todo, o que Zac busca é poder manter a relación co seu pai. (FILMAFFINITY)

 
 

AMERICAN HISTORY X, Tony Kaye, 1998

SINOPSE
Derek (Edward Norton), un mozo " skinhead" californiano de ideoloxía neonazi, é encarcerado por asasinar a un negro que pretendía roubarlle a súa furgoneta. Cando sae de prisión e regresa ao seu barrio disposto a afastarse do mundo da violencia, atópase con que o seu irmán pequeno (Edward Furlong), para quen Derek é o modelo para seguir, segue o mesmo camiño que a el o conduciu ao cárcere. (FILMAFFINITY)
 
 

CALL ME BY YOUR NAME, Luca Guadagnino, 2017

SINOPSE
ElioPerlman (TimothéeChalamet), un mozo de 17 anos, pasa o cálido e asollado verán de 1983 na casa de campo dos seus pais no norte de Italia. Pásase o tempo folgando, escoitando música, lendo libros e nadando ata que un día o novo axudante americano do seu pai chega á gran vila. Oliver  (ArmieHammer) é encantador e, como Elio, ten raíces xudías; tamén é novo, seguro de si mesmo e atractivo. Ao principio Elio móstrase algo frío e distante cara ao mozo, pero pronto ambos empezan a saír xuntos de excursión e, segundo o verán avanza, a atracción mutua da parella faise máis intensa. (FILMAFFINITY)
 
 

O QUE ARDE, Óliver Laxe, 2019

 

SINOPSE 

Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir, ao ritmo sosegado da natureza, coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas.  (FILMAFFINITY)

 
 

FIGURAS OCULTAS / HIDDEN FIGURES, Theodore Melfi, 2016

SINOPSE 

Narra a historia nunca contada de tres brillantes mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a comezos dos anos sesenta (en plena carreira espacial, e en metade da loita polos dereitos civís das persoas negras estadounidenses) no ambicioso proxecto de poñer en órbita ao astronauta John Glenn.

 (FILMAFFINITY)

 
 

CARMEN Y LOLA, Arantxa Echevarría, 2018


SINOPSE 

Carmen é unha adolescente xitana que vive no arrabalde de Madrid. Como calquera outra xitana, está destinada a vivir unha vida que se repite xeración tras xeración: casar e criar a tantos nenos/as como sexa posíbel. Mais un día coñece a Lola, unha xitana pouco común que soña con ir á universidade, debuxa grafitis de paxaros e é diferente. Carmen desenvolve rapidamente unha complicidade con Lola, e ambas tratarán de levar cara adiante o seu romance, a pesar dos inconvenientes e discriminacións sociais ás que teñen que verse sometidas pola súa familia. (FILMAFFINITY)